Unha ferramenta accesible para que aprendar a ler as etiquetas que desenvolvemos coa colaboración da AGACAL.
Ler a etiqueta dun alimento proporciónanos unha información moi valiosa que nos permite comparar e escoller un determinado produto entre todos os similares dispoñibles no mercado.
Grazas ás etiquetas podemos coñecer a composición do alimento, se os ingredientes se adaptan ao noso estilo de vida, se debemos evitar algún porque somos alérxicos ou intolerantes, e como almacenalo correctamente na casa para manter a súa inocuidade e o tempo durante o cal podemos conservalo.
Tamén podemos coñecer de onde vén ese alimento: é de proximidade ou percorreu unha gran distancia? Cal foi o método de produción? Podemos saber se é adecuado para levar unha vida sa?
Non obstante, sucede moitas veces que a información non está demasiado clara, mestúrase con numerosos reclamos e faise difícil de interpretar… Nesta guía imos explicar en que consiste cada punto da etiquetaxe tendo en conta a vixente normativa e imos coñecer algunhas pautas que nos permitan escoller de forma responsable, saudable e sostible, sen deixarnos influír pola publicidade.
Esperamos que esta publicación sexa do teu interese e disfrutes aprendendo con ela.